Campus deportivos 2024 Concello de Baiona - Caixabank:
Coa chegada das vacacións de verán ábrese un mundo de posiblidades para os moz@s. No CONCELLO DE BAIONA, a formación é unha prioridade, por iso ofrecémoslles a oportunidade de gozar dun verán de diversión, deporte e educación a través de 20 CAMPUS DEPORTIVOS nos que se inclúen novas disciplinas tales como BTT e hóckey herba.
CAIXABANK segue apostando polo noso deporte municipal aportando o pago das inscricións aos participantes con dificultades económicas, tras un informe previo dos Servizos Sociais do Concello de Baiona.
Lugar
Instalacións deportivas do Concello de Baiona
Xuño: Tenis
Xullo: Loita olímpica, Deportes urbanos, Deportes Náuticos 1, Tenis de mesa, Hóckey herba ,Rugby, Fútbol sala, Ciclismo de montaña, Fútbol, Volei Praia, Multideporte, Atlétismo.
Agosto: Multideporte, Atlétismo, Ximnasia Rítmica, Baloncesto, Danza, Ciclismo, Pádel, Patinaxe, Deportes Náuticos 2, Bádminton .
Setembro: Multideportes praia, Xadrez
Horario:
De 10:00 a 14 horas (Deportes Náuticos tamén ten quenda de tarde)
Recepción dos participantes dende as 9:00hs no lugar de encontro para facilitar a conciliación.
Requisitos de inscricións
Cada inscripción é por unha única persoa e se cumplimentarán todos los datos requeridos.
Pódese facer pago con tarxeta ou ben mediante ingreso bancario, achegando o xustificante.
Obsequio para os participantes
Todos os nenos/as recibirán merenda a media mañá e una camiseta conmemorativa do campus.
Información
Pavillón Municipal de Deportes
deportes@baiona.gal
986356558
Recomendacións
Roupa deportiva, gorra e crema solar. Temos vestiarios disponibles para todos aqueles que o necesiten.
Cancelacións / Devolucións
En caso de anulación da inscrición, deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días e o importe a devolver será do 50%
Ofertas do campus*
5 campus a escoller por 200€
10 campus a escoller por 300€
* Non inclúe deportes urbanos nin deportes náuticos